publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 600 gandeiros bloquean cunha queima de pneumáticos a entrada a planta de Lactalis en Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaVilalba
A-
A+
Europa Press
Queima de neumáticos

Queima de neumáticos

Uns 600 gandeiros bloquean dende o mediodía a entrada á planta de Lactalis en Vilalba (Lugo), onde acenderon unhas fogatas coa queima de pneumáticos e pacas de pallas, en sinal de protesta para esixir que esta multinacional francesa traslade aos produtores a suba do prezo do leite que a distribución realizou a esta industria.

En declaracións, Óscar Pose, de Unións Agrarias e un dos voceiros da plataforma en defensa do sector lácteo explicou que esta protesta se realizou para “deixar claro” a Lactaclis que as súas reivindicacións “van en serio” e que non pararán ata que haxa unha suba “inmediata” no que esta industria transformadora paga aos produtores.

“Lactalis ten diñeiro nas súas contas que é noso”, recriminou Óscar Pose, quen asegura que os gandeiros puideron comprobar coa distribución que xa reintegraron a esta multinacional unha suba polo prezo do leite, que non obstante non chegou a gandeiros aos que compra o leite.

Os produtores celebrarán unha asemblea en próximas horas para decidir como prosegue esta mobilización, se ben Óscar Pose avanza que a campaña de boicot a Lactalis dos gandeiros continuará o próximo luns con accións concretas en supermercados e co fin de concienciar consumidores de que non consuman produtos desta marca.

E é que esta protesta ten lugar despois de que a semana pasada representantes da multinacional láctea lles trasladasen á organización de produtores lácteos (OPL) Ulega que “non van pagar ata abril” a suba de dous céntimos comprometida polos gandeiros coa distribución -tras realizar produtores diversos bloqueos ao longo do mes de decembro a hipermercados-.

Pola súa banda, o Grupo Lactalis informou esta semana que “compartirá” co sector produtor de leite “as revalorizacións de prezo xa realizadas, que resultan da revisión das modalidades de contratación coa distribución, así como as futuras actualizacións nos prezos de compra que poidan facer estes operadores” conforme ao acordo lácteo. Non obstante, os gandeiros esixen que trasladen “xa” esas subas.

29 de xaneiro de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.