publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece atropelado en Bergondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home faleceu na mañá deste xoves tras ser atropelado na localidade coruñesa de Bergondo, mentres cruzaba unha estrada provista de mediana. Segundo informaron fontes de Emerxencias, o suceso aconteceu sobre as 8.30 horas na N-VI ao seu paso pola localidade de Bergondo, na zona de Cortiñán. O home falecido, de avanzada idade, cruzou a vía nas proximidades dunha gasolineira, nunha zona na que a estrada está provista de mediana.

14 de xaneiro de 2016 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.