publicidade hoxe

Salvaterra promove un gran lazo con globos feito por nenos para conmemorar o Día Mundial do Cancro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Con motivo do Día Mundial do Cancro que se celebra o xoves 4 de febreiro, o Concello de Salvaterra colgará na súa fachada un gran lazo composto de centos de globos que van elaborar os nenos salvaterrenses.

Esta actividade de concienciación infantil comezará ás 16.30 horas coa participación dos nenos elaborando o gran lazo. Despois de instálalo na fachada da Casa do Concello vaise facer unha solta de globos.

En caso de choiva, suspenderase esta actividade.

“Aproximadamente a metade dos cancros poderían evitarse educando en hábitos saudables, segundo os expertos”, lembra a Tenente de Alcalde e concelleira salvaterrense, Marta Valcárcel.

Actualmente, os tumores máis frecuentes son o cancro de mama, colorrectal, cérvix uterino e pulmón, representando arredor dun 40 por cento do total dos cancros que se detectan.

Aproximadamente, o 5 por cento dos casos de tumores de mama  débense a factores hereditarios, cifra que se sitúa entre o 5 ou o 10 por cento no caso dos colorrectais, por iso é tan importante que todos nos concienciemos, levemos unha vida o máis sana posible e realicemos as revisións e controis necesarios e recomendados.

26 de xaneiro de 2016 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.