publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rescatan aos 22 tripulantes dun mercante escorado ao norte de Cabo Ortegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCariñoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Salvamento Marítimo rescatou os 22 tripulantes do mercante Modern Expres, de bandeira panameña, que se atopaba escorado e con dificultades fronte ás costas de Cabo Ortegal.

Segundo informaron os servizos de emerxencia, o buque emitiu un sinal de socorro cando estaba a 148 millas de Cabo Ortegal, nunha zona de responsabilidade británica correspondente ao MRCC Falmouth, que coordinou a emerxencia. Non obstante, solicitouse a colaboración de medios de rescate españois dado que a costa galega estaba máis preto que a inglesa.

O buque, de 163 metros de eslora, presentaba unha escora de ata 40 graos, o que, unido á climatoloxía, fixo que se decidise a evacuación dos tripulantes, “dificultada pola grande distancia de terra á que se atopaban”, recoñeceu Salvamento Marítimo.

No operativo colaboraron o Centro Nacional de Coordinación de Madrid, o Cross ETEL de Francia e o Centro de Coordinación de Salvamento en Finisterre, que mobilizou inicialmente ao helicóptero de salvamento Helimer 401, o avión Sasemar 102 e o helicóptero da Xunta Pesca II. Tamén se mobilizou ao Helimer 207 de Gijón, aínda que foi desmolibizado tras o rescate.

Do mesmo modo, deuse aviso aos buques que se atopaban na zona, achegándose a menos de 3 millas ata un total de 6 buques.

O primeiro medio aéreo en chegar foi o Helimer 401, que conseguiu izar ata o helicóptero a 16 tripulantes do buque, todos en bo estado, e trasladounos ata o aeroporto da Coruña. A continuación, o helicóptero Pesca II, da Xunta de Galicia, conseguiu rescatar os 6 mariñeiros restantes e trasladalos a Celeiro. O buque procedía de Gabón e dirixíase cara a Le Havre (Francia)

26 de xaneiro de 2016 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.