publicidade hoxe

Renfe atribúe a problemas nos sistemas de venda que non apareceran dúas paradas do Alvia en Guillarei e Redondela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondelaTui
A-
A+
Europa Press

Renfe atribuíu a problemas nos sistema de venda que “non aparecían” dúas paradas do Alvia Madrid-Galicia en Guillarei (Tui) e Redondela, ambas as dúas na provincia de Pontevedra.

Segundo aseguraron fontes da compañía, “no día de hoxe quedarán restablecidas as paradas dos servizos Alvia Madrid-Galicia nas estacións de Guillarei e Redondela do novo servizo que porá á venda o próximo 1 de febreiro”. “Por problemas nos sistemas de venda estas paradas non aparecían”, sostén.

Deste xeito, as fontes de Renfe destacan que se manterá “o mesmo número paradas nos servizos Alvia que existen no servizo actual”, despois de que o sindicato CGT denunciase a existencia dun tren menos nestas dúas localidades cos novos horarios.

Este martes, a operadora ferroviaria chamou a atención sobre que, co ‘Plan Galicia 2016’, aínda que se mantén o número de frecuencias na comunidade galega, aumentan as posibilidades a través de enlaces.

20 de xaneiro de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.