publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Preséntase en Santiago o libro “Olladas no camiño” cunha recompilación de artigos de Xosé Neira Vilas

olladas-no-caminoO Museo das Peregrinacións de Santiago (Praza das Praterías) acollerá este xoves 14 de xaneiro, ás 19.00 h., a presentación do libro “Olladas no camiño”. Unha obra que recompila 100 artigos publicados polo escritor Xosé Neira Vilas.

O acto contará coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; María Xesús Neira Yagüe, sobriña do autor e colaboradora na publicación e Luís Reimóndez, representante da Fundación Xosé Neira Vilas. Na presentación contarase coa participación do cantautor Manoele de Felisa e a poeta Rosalía Morlán.

A obra, publicada por Edicións Fervenza, xa pode atoparse nas librarías galegas.

13 de xaneiro de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.