Os investigadores do asasinato do cura de Vilanova non descartan efectuar detencións nos vindeiros días
O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, asegurou é luns que os investigadores proseguen as súas pescudas sobre o asasinato do cura de Vilanova dos Infantes tras a posta en liberdade con cargos o domingo dos dous sospeitosos e afirmou que “podería haber detencións” nos próximos días”.
En declaracións aos medios, Castro asegurou que os dous sospeitosos en liberdade “están identificados e controlados”, polo que é “moi difícil que escapen”, tras o que recordou que ambos os dous teñen a obriga de presentarse ante os xulgados os días 1 e 15 de cada mes, na súa condición de investigados.
Para o subdelegado, unha fuga demostraría que “teñen algunha preocupación” e suporía unha “contradición” ao comportamento de “tranquilidade aparente” que ata o momento demostraron ante o equipo de investigación.
Roberto Castro sinalou que “o proceso de investigación segue” e pediu aos veciños e familiares do cura asasinado “un pouco máis de paciencia” para permitir aos investigadores pechar as distintas vías que están abertas ata o momento.
Preguntado sobre o paradoiro da imaxe da Virxe do Cristal, desaparecida dende o crime, o subdelegado sinalou que non se produciu ningunha novidade ao respecto e que a imaxe segue sin aparecer.
Castro recordou que se trata dunha imaxe moi pequena e que, por este motivo, é doado que poida pasar desapercibida os investigadores se está escondida ou extraviada.
SEN NOVIDADES NO CASO DE SOCORRO PÉREZ
Por outra banda, o subdelegado do Goberno aclarou que non hai novidades no caso do asasinato da ourensana Socorro Pérez, aínda que “se”segue traballando” no caso.
A muller de 43 anos, veciña do barrio do Couto, desapareceu este verán despois de dicir varios coñecidos que se ía facer deporte. O seu corpo aparecería un mes despois no ámbito do Seminario, a apenas uns quilómetros da súa casa.
O subdelegado defendeu o “celo” co que traballan os equipos que buscan resolver o caso, pero admitiu que se trata dun “traballo complicado e difícil”.