publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O temporal causa inundacións e desprendementos de terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoCurtisLocal PortadaNarónNegreiraOutesPortada dereitaSucesosVimianzo
A-
A+
Europa Press

As fortes choivas caídas durante a pasada noite causaron numerosas inundacións de vivendas, garaxes e estradas, así como desprendementos de terra. A zona máis afectada, segundo os datos do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, foi a provincia da Coruña.

Así, as choivas provocaron inundacións en vivendas e garaxes das localidades de Negreira e Outes, onde o 112 rexistrou varias chamadas de veciños que pedían axuda para achicar a auga acumulada en baixos, garaxes e casas.

Aínda que non houbo que lamentar feridos, os servizos de emerxencia locais traballaron desde as 2.30 horas até ben entrada a madrugada retirando auga destas zonas. Ás 4.30 horas recibíronse novos avisos por desprendementos de terra e pedras nas estradas DP-3201 e DP-5604, que impedían a circulación rodada.

Narón, onde se volveu a desbordar o río; Carballo, Vimianzo e Muros foron outras das localidades da provincia da Coruña afectadas pola acumulación das precipitacións e, en Curtis, un coche quedou atrapado tras alagarse a AC-231. Na N-VI cara a Carballás e á entrada de Castelá en dirección Teixeiro rexistráronse tamén bolsas de auga.

Finalmente, os servizos sanitarios de urxencia tiveron que evacuar durante a noite a unha muller en Negreira con síntomas de hipotermia tras alagarse a súa vivenda.

14 de xaneiro de 2016 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.