publicidade hoxe

O prazo para anotarse no Concurso de Tapas de Entroido de Narón remata mañá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Os locais de hostalería do municipio dispoñen de prazo ata mañá –incluído- para inscribirse na cuarta edición do Concurso de Tapas de Entroido organizado pola Concellería de Promoción Económica, á fronte da que está o edil Pablo Villamar. As persoas interesadas en anotarse –de balde- poden facelo chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1204 ou 1063) ou enviando un correo electrónico ao enderezo: narongastronomico@naron.es. Os establecementos adheridos servirán as súas tapas entre a clientela desde o día 4 ata o 10 de febreiro, en horario de 13.00 a 15.30 e desde as 20.00 ata as 22.30.

Os participantes poderán anotarse en dúas modalidades: tapas de libre creación ou de Entroido, ou ben elixir unha delas, e optarán a un total de cinco premios, dous por cada unha destas modalidades que outorgará un xurado –de 400 e 250 euros- e un concedido pola clientela –de 250 euros- ademais dos pertinentes diplomas por participar na convocatoria. Tamén haberá un premio para os clientes, xa que se sortearán cinco ceas para dúas persoas entre todos aqueles que participen no certame e valoren as tapas dos distintos establecementos.

25 de xaneiro de 2016 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.