publicidade hoxe

O goberno de Sober agradécelle ao ADIF os traballos de mellora da imaxe da estación do tren de Canabal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober agradece os traballos que vén de acometer o ADIF (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias) na Estación de Canabal, en concreto o arranxo do muro exterior de peche da dársena.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que se dirixiu en varias ocasións ao ADIF e a Renfe para comunicar o deterioro que sufría a estrutura e o perigo de accidente polo derrubamento sobre a estrada que vai de Sober a Canabal, así como pola mala imaxe que este abandono traía consigo para todos os que se achegan á localidade.

O alcalde agradece de xeito especial esta actuación, posto que Canabal é o principal punto de entrada ao Canón do Sil desde a N-120. “Mellora a imaxe da contorna da Estación e do propio Concello de Sober, polo que felicitamos ao ADIF pola súa resposta”, subliña.

7 de xaneiro de 2016 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.