publicidade hoxe

O encontro Burela FS-Móstoles clausura a fin de semana laranxa na Bomboneira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén estrea o ano na Bomboneira, como peche dunha Fin de Semana Laranxa, na busca de boas sensacións para recuperar a senda da vitoria. Recibirá mañá o Móstoles FSF, ás 18.30 horas; a cita poderá seguirse en directo por streaming a través de www.burelafs.org.

O cadro de Lucas, que despediu 2015 con empate 3-3 na pista do Roldán, quere recibir 2016 con tres puntos para continuar pisando o ronsel do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, con vantaxe de 4 puntos sobre as mariñás. Mañá, en Vista Alegre, terá que facer fronte a un cadro experimentado cunha traxectoria un tanto irregular, no que destaca Patri Chamorro como un dos seus maiores perigos. As visitantes ocupan a décima praza, con 15 puntos, con 5 triunfos e 7 derrotas; despediron o ano impoñéndose ao Majadahonda 6-4 e rompendo a racha negativa na que encadeaban 3 derrotas.

No vestiario laranxa, á ausencia de Shio, súmase Jozi, por unha contractura no cuádriceps.

CD Burela FS Pescados Rubén:5. Claudia, 7. Peque, 8. Emm, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva 

Móstoles FSF: 1 Lucía Sánchez, 3 Patri Chamorro, 4 Alba Peña, 6 Celia Jiménez, 7 María Otero, 8 Inma Martín, 10 Rocío Robles, 11 Cristina Ballesteros, 15 Ana Etayo 

 

8 de xaneiro de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.