publicidade hoxe

O DOG publica a licitación das obras de mellora da estrada LU-901 en Carballedo cun investimento de 600.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLugo
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora na estrada LU-901 ao seu paso por este concello (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160107/AnuncioG0181-281215-0001_gl.html). As obras, que se executarán desde A Barrela (na intersección coa N-540) ata o límite coa provincia de Ourense, suporán un investimento de preto de 600.000 euros. O prazo para o remate de propostas rematará o vindeiro día 2 de febreiro.

Esta actuación é complementaria ás tarefas de rehabilitación do firme realizada nesta vía no ano 2014, nas que se investiron 319.874,18 €, que consistiron na extensión dunha nova capa de rodadura para mellorar o seu estado de conservación. Deste xeito, o investimento total da Xunta nesta estrada ascende a case 1 millón de euros, co obxectivo de dotar aos veciños de Carballedo e das comarcas de Chantada e do Ribeiro de maior comodidade e seguridade viaria.

O proxecto define a ampliación da plataforma ata acadar unha sección de 6 metros nunha lonxitude de mais de 7,5 quilómetros; concretamente, entre os puntos quilométricos 9+860 e 17+420, para dotar á estrada de beiravías; salvo na zona de paso por núcleos pequenos de poboación, que suman 3,5 quilómetros, nos que en vez de executar beiravías, se construirán gabias de seguridade de pendente moi lixeira, que servirán para canalizar as augas de drenaxe e ao mesmo tempo permitirán a circulación cómoda dos peóns.

Así mesmo, prevese a rehabilitación do firme nas travesías da Barrela e Tolda, e a mellora dos sistemas de sinalización, balizamento e defensas en todo o treito.

As obras, que se executarán este ano, terán un prazo de execución de 6 meses. Para realizar esta obra non será necesario levar a cabo expropiacións.

7 de xaneiro de 2016 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.