publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dun vehículo resulta ferido tras envorcar na AP-9 ao seu paso por Portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaPortasSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a pasada noite ao condutor dun vehículo que resultou ferido nun accidente de tráfico na AP-9 ao seu paso por Portas (Pontevedra). Segundo informou o 112, o accidente de tráfico produciuse no punto quilométrico 112, cando circulaba en sentido norte.

Por causas que se descoñecen, o turismo envorcou e o condutor, que presentaba diversas feridas, puido saír polos seus propios medios. Posteriormente, foi evacuado ao Hospital de Montecelo. Os axentes da Garda Civil de Tráfico desprazados ata o punto tras a alerta do 112 indicaron que varios vehículos chocaron co turismo envorcado, aínda que ninguén máis resultou ferido.

Foi un particular o que chamou o 112 ao fío das 21,00 horas para pedir axuda. Para atender o suceso, informouse a Urxencias Médicas, GES de Valga, Protección Civil de Portas e ao persoal do control da autoestrada.

7 de xaneiro de 2016 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.