publicidade hoxe

O Concello de Palas de Rei participará en varios proxectos europeos de intercambio con municipios da Unión Europea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+

O Concello de Palas de Rei participará en varios proxectos europeos de intercambio e irmandamento con municipios de diferentes países da Unión Europea. O alcalde Pablo Taboada,  xunto con persoal municipal,desprazouse a Italia, concretamente a Sicilia, para impulsar un proxecto europeo denominado:Europe For Citizens programa 2014-2020 sobre temas medio ambientais e intercambio de ideas e solución sobre o cambio climático. Neste proxecto denominado:Sharingsolutions for climatechange: thevoiceofcitizens participaron 5 concellos da Unión Europea: Sant’AlessioSiculo (Italia), MezdraMunicipaliti (Bulgaria), Vinicamunicipaliti (Slovaquia), Posesmunicipaliti (Rumanía) xunto con Palas de Rei que acudiu representando a España.

Esta unión que serviu como xerme para impulsar importantes proxectos de intercambio e axudaseuropeas firmouse en días pasados na localidade siciliana de Sant’AlessioSiculo.

Este importante proxecto terá unha continuación o próximo día 13 tamén dentro do programa europeo:European for Citizens 2014-2020 no cal participan 12 países da Unión Europea e que está promocionado polas comunas de Naxos e Taormina (Sicilia). Asistirán representantes de máis dunha ducia de concellos europeos, está auspiciada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Con este proxecto de intercambio europeo e segundo nos manifesta o alcalde palense, Pablo Taboada, intentarase dar a coñecer a Palas de Rei, impulsar o seu potencial turístico e organizar e impulsar actividades que se concretarán na mellora do Medio Ambiente e en solucións para frear o cambio climático.

Noutro ámbito, cómpre destacar que o alcalde, Pablo Taboada se desprazará en datas próximas á localidade alemana de Frankfurt co fin de participar nun proxecto piloto de reciclaxe e xestión de residuos, collendo como modelo o sistema alemán de reciclaxe e protección do medio ambiente.

8 de xaneiro de 2016 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.