publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo un monólogo humorístico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo 10 de xaneiro a actuación do humorista Gonzalo Gastañaduy, máis coñecido como “Gás”.

Este coñecido humorista leva 5 anos facendo rir á xente por toda a provincia con  máis de 140 monólogos repartidos entre teatros, centros sociais, pubs, cafeterías… 

El mesmo define o seu humor negro, ácido, irónico e moi canalla, e tocará temas como a súa infancia, as relacións, crítica social e moito máis, polo que esta actuación vai destinada a un público adulto. 

Estará no Auditorio municipal este domingo 10 a partir das 19:00 horas. 

A entrada é libre. 

7 de xaneiro de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.