O Ateneo Santa Cecilia organiza unha conferencia sobre as Irmandades da Fala no seu centenario
O presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez, impartirá unha conferencia este venres día 22 ás 20:00 horas no Ateneo Santa Cecilia de Marín, co lema “Das Irmandades da Fala a Nós”. A charla, con entrada libre e presentada pola escritora Elena Gallego, tratará sobre o centenario desta organización impulsada en 1916 por Vicente Risco, Arturo Noguerol e Manuel Peña Rey, entre outros destacados galeguistas.