publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde da Gudiña falece a causa dun infarto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Gudiña, Guillermo Lago, faleceu este xoves na localidade de Verín tras sufrir un infarto mentres participaba nunha reunión no Hospital desta localidade. Segundo apuntaron fontes municipais, o alcalde da Gudiña participaba nunha reunión no Hospital de Verín xunto coa xerente da Área de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, cando se sentiu indisposto.

Os servizos sanitarios do hospital trataron de reanimar o rexedor inmediatamente despois de sufrir o infarto, pero non puideron facer nada por salvar a súa vida. Guillermo Lago, histórico do Partido Popular en Ourense, tiña 71 anos e era rexedor de A Gudiña dende 1992.

Tras coñecerse a noticia do seu falecemento, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, manifestou o seu pesar a través dunha mensaxe na rede social Twitter, no que lamentou que se vaia “un dos ‘bos e xenerosos”.

21 de xaneiro de 2016 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.