publicidade hoxe

Narón informa das medidas a adoptar no caso de detectar problemas na recepción do sinal de TDT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O termo municipal de Narón acolle desde hai uns días os traballos correspondentes á implantación do despregue 4G na banda de 800 Mhz. As actuacións que os operadores adxudicatarios da citada banda de telefonía móbil levan a cabo na localidade poden afectar á calidade do sinal de televisión nas vivendas próximas ás antenas de telefonía móbil, ao emitirse a través da banda adxacente á de TDT. Existe unha obriga por parte do Ministerio de Industria para os operadores licenciatarios da banda de garantir a calidade do servizo.A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que o citado Ministerio estableceu un procedemento de actuación para solventar as posibles incidencias de xeito gratuíto á cidadanía, e informou de que en caso de detectarse problemas deste tipo deben contactar coa empresa llega800, a través do número de teléfono 900 833 999 –de balde- ou da páxina: www.llega800.es.

A implantación do 4G permitirá mellorar a velocidade de internet, mellorará a cobertura no interior dos edificios e tamén nas zonas rurais, según se indica desde o Ministerio de Industria. 

20 de xaneiro de 2016 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.