publicidade hoxe

López Abella participa na xornada “Atrévete contigo mesma” na Cooperativa Condes de Albarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Susana López Abella na xornada "Atrévete contigo mesma" en Cambados

Susana López Abella na xornada “Atrévete contigo mesma” en Cambados

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a importancia de fomentar a igualdade real de oportunidades para as mulleres rurais, no marco das Xornada “Atrévete contigo mesma”, organizadas por AGACA que tiveron lugar hoxe na Cooperativa Condes de Albarei.

López Abella destacou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade traballase para mellorar a situación das mulleres rurais, polo que resulta fundamental entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

A titular de Igualdade incidiu que a falta de oportunidades laborais e as dificultades para acceder a servizos de apoio e infraestruturas no medio rural, están na base dos principais problemas aos que se enfrontan as mulleres rurais, polo que as as emprendedoras rurais son exemplo de innovación, creatividade, lograron profesionalizarse e incorporarse ao mercado laboral, á vez que son motor da economía rural.

Resaltou que é necesario impulsar a incorporación de plans ou medidas de igualdade nas institucións, organismos, empresas, cooperativas, organizacións profesionais, e grupos de acción local. Ademais, hai que incentivar a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario e de desenvolvemento rural, para avanzar nunha maior presenza institucional destas nos ámbitos de decisión do medio rural. As organizacións agrarias, as cooperativas e os grupos de desenvolvemento rural deben contar cunha presenza feminina en órganos directivos acordes coa realidade das mulleres rurais.

13 de xaneiro de 2016 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.