publicidade hoxe

Gala do deporte en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Presentación do acto

Presentación do acto

Este mediodía, na sede da Fundación Cangas Deporte, tivo lugar a presentación da ala do Deporte de Cangas 2015 e déronse a coñecer aos candidatos a conseguir un galardón nesta tradicional entrega de premios que se celebrará o próximo venres día 15 de xaneiro ás 20.00 horas no Auditorio Municipal. Ao acto asistiron o Concelleiro de Ensino e Deportes, Xoán Carlos Chillón, o director da gala Borja Brun, o secretario da Fundación Cangas Deporte, José Refojos e o técnico da mesma, Marcos Torres. No acto déronse a coñecer aos 81 nomeados para os 27 premios que se repartirán nesta edición da gala, a cal contará con dous galardóns novos: Recoñecemento á persoa ou entidade que traballe na promoción do deporte popular e tradicional e o Premio David Cal á proxección dos valores deportivos e culturais de Galicia.

Por modalidade deportiva os candidatos a conseguir o premio en Columbofilia son Hugo Sotelo Coia, Xosé Pereiro e Fernando Villar todos eles C. Pombas do Morrazo. En Baloncesto o galardón disputarano Manel Iglesias, David Villar e Héctor Arroyo os tres do Club Defensores do Morrazo. O premio para o mellor deportista de Artes Marciais será para Lucía Vieitez, Brais Guardado ou Gema Paz, todos pertencentes ao Sares TKD. Na categoría de motor os nominados son Martín Riobó, José Javier Piñeiro e Iker González, do Motoclub Aldán. En actividades subacuáticas os candidatos a conseguir o premio son Alejandro Sotelo, Marcos Patoriza e Marcos Álvarez, todos do Club Galerna.

Os nominados para Tenis de Mesa son Laura Rodríguez, Alberto Fernández e o equipo feminino do Club Cinania. En Remo o galrdón irá para Pablo Iglesias, Brais Guardado ou o equipo feminino de remo, todos do Vila de Cangas. O premio na categoría de Patinaxe será para Sara Germade, Nerea Álvarez ou Sara Hernández de Ánfora Patinaxe. O galardón para o mellor ciclista dispútanno Orlando Rodríguez do Master Morrazo, Gema Dacosta do Club Ciclista Cangas e Mª Belén Lemat do Ciclista Pol. Na categoría de Voleibol as nominadas son Carmen Boubeta, Paula Gila e Moraima Piñeiro do Club de Voleibol Maniotas. En Tenis o premio será para Jorge González, Javier Palmás ou Jesús Martínez do Club de Tenis Cangas. O galardón de mellor futbolista será para Borja Peña, do Celta de Vigo, Lara Boubeta do Rápido Bahía pu para Miguel Centrón do Pontevedra. Os nominados a mellor xogador de Balonmán son Jesús Soliño García, Alen Muratovic e Rubén Soliño do Balonmán Cangas.

O premio de Atletismo dispútase entre Mar Chillón do Vila de Cangas, Darío Costas do Ximástica de Pontevdra e Solange Pereira do Terra i Mar. Na categoría de Vela os candidatos son Ancor Álvarez e Cristina González do Náutico Cangas e Marcos Fernández do Wind & Sup Liméns. Os nominados a mellor piragüista son David Barreiro do Naútico Cangas, Rodrigo Germade de Piragüismo Aldán e Teresa Portela do Mar Ría de Aldán. En canto á categoría de Mellor Entidade Comercial o premio será para Frigoríficos do Morrazo, Multiservicios Contucho ou Grupo Vegonsa (Eroski). Na categoría de Mellor Entidade ou Persoa traballando polo deporte cangués están nomeados Manuel Camiña, Francisco Rodal e Mª Jesús Fernández. Rodrigo Tiebo, Santiago Barreiro e os irmáns Bernárdez dispútanse o recoñecemento de Mellor Deportista Cangués Non en Activo.

O premio ao Mellor Club será para o Club Balonmán Cangas, Atletismo Vila de Cangas ou Club Remos Vila de Cangas, mentres que o recoñecemento para o mellor adestrador pode recaer en Víctor García “Pillo”, Francisco Rodal ou Marta Cochón. En canto aos galardóns que se entregarán por primeira vez nesta edición da gala serán Kenyata CF, Federación de ANPA’S “A Gameliña” e C. Petanca Casa da Bola os que se disputen o recoñecemento á persoa oue entidade traballando pola promoción do deporte popular e tradicional. Mentres que polo Premio David Cal pola proxección dos valores deportivos e culturais de Galicia loitarán Moncho Fernández adestrador do Obradoiro, Vero Boquete futbolista do Bayern de Múnich e Club Mar Ría de Aldán.

Nos premios da categoría Promesa os nomeados son Darío Costas, David Barreiro e Antón Iglesias en categoría masculina e Cristina González, Mar Chillón e o equipo feminino de atleismo pola categoría feminina. Os galardóns a Mellor Deportista serán, na categoría feminina, para “a raíña da milla en España” Solange Pereira, a olímpica Teresa Portela e a 2ª clasificada no Campionato de España en peso. Mentres que na masculina loitarán polopremio Marcos Fernández, campión do CIAO na Lanzada, Gabriel Pavón, en bo camiño de acadar a clasificación para Río e Rodrigo Germade, xa clasificado para os Xogos Olímpicos. Pola súa banda, o director artístico doe vento, Borja Brun, afirma que será unha gala dinámica na que se mesturará a música e o deporte. Nesta edición a gaña centrarase na música cunha escolma de temas relacionados co deporte como The winner takes it all, I dreamed a dream e No llores por mí Argentina, todos eles interpretados pola artista afincada en Cangas Dian Tarín e coa participación da coral que ela mesma dirixe “Amigos de la Canción”. A súa vez tamén se contará coa bailarina Natalia Iglesias, unha exhibición de BMX a cargo de Kevin Martínez e un toque de humor gracias a unha “actuación moi desconcertante, nada tradicional” de Manuel Chapela. Estes seis elementos permitirán “facer a gala máis levadeira”, que está programada para que dure unha hora e vinte minutos e que será conducida polo xornalista cangués da RTVG José Manuel Moldes.

O Presidente da Fundación Cangas Deporte, Xoán C. Chillón quixo resaltar o “alto nivel deportivo e amplitude de modalidades deportivas” que hai en Cangas e que cada ano os “nosos deportistas seguen colleitando éxitos”. Ademais este é un ano especial, porque é ano olímpico e haberá representación canguesa en Río. Tamén quixo agradecer a labor de Borja Brun e o traballo dos técnicos da Fundación, así como ao xurado pola “dificultade e boa consideración que tiveron en elixir, primeiro aos nomeados e despois aos premiados”. Aproveitou tamén para convidar a todos os cangueses a asistir ao evento, xa que a entrada é de balde e “será un gran espectáculo”.

8 de xaneiro de 2016 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.