publicidade hoxe

Feridos un traballador que sufriu unha caída en Burela e outro que quedou atrapado baixo unha árbore en Ourol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaOurolSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este luns a un traballador que resultou ferido tras sufrir unha caída de altura en Burela (Lugo), segundo informa o 112. Testemuñas dos feitos sinalan que o mozo, mentres estaba a realizar tarefas no tellado dun edificio na rúa Mar Cantábrico, á altura do número 2, se precipitou dende unha altura equivalente a un cuarto piso e que caeu nun patio de luces.

Recibida a alerta dun particular, sobre as 15,00 horas, o persoal do 112 puxo o sinistro en coñecemento de Urxencias Médicas, forzas da orde, GES de Cervo e Protección Civil de Burela.

Por outra banda, tamén este luns, o 112 tivo constancia doutro accidente laboral no concello lugués de Ourol, no lugar de A Carballeira, parroquia de Xerdiz.

Neste caso, unha persoa precisou asistencia médica tras resultar ferida ao quedar atrapada baixo unha árbore. Aínda que foi precisa a presenza dos Bombeiros de Viveiro, a persoa foi liberada por particulares que se atopaban no lugar do suceso.

Eran as 17,45 horas cando técnicos sanitarios chamaron o 112 para solicitar axuda. Ademais dos efectivos do parque comarcal de Viveiro, deuse aviso a Protección Civil de Ourol e á Garda Civil.

11 de xaneiro de 2016 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.