publicidade hoxe

FECIMO celebrará o martes día 12 o sorteo dos tres premios de 1000 euros da Campaña de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Preto de 6000 persoas participaron dende o día 7 de decembro ata hoxe na Campaña de Nadal das empresas asociadas a FECIMO, unha tradicional campaña con 15 anos de traxectoria que nos últimos anos utiliza o moderno sistema de rexistro de participacións a través dunha aplicación web.

Preto de 200 empresas estiveron repartido códigos durante estas datas festivas aos veciños e veciñas que confiaron no comercio local. Ao introducir estes códigos na páxina web www.compranomorrazo.com puideron comprobar se tiñan premio ou non. Foron repartidos 51 cheques-compra con valores de 50, 100 e 200€ que os premiados e premiadas poderán canxear ata o 12 de febreiro exclusivamente nas empresas participantes na campaña.

Unha vez finalizado este prazo, reuniranse todos os códigos rexistrados nun gran “bombo virtual” no que a través dun sorteo en directo sairán os tres premios directos de 1000€. Será o martes 12 ás 12:00h en FECIMO.

É importante que todo aquel que rexistrase os seus códigos na web do sorteo non os tire e os conserve ata pasado o día 12 de xaneiro. O acto é público e calquera pode asistir, pero estar presente non será condición para recibir o premio, pois o agraciado ou agraciada será contactado/a por teléfono de inmediato unha vez comprobados os seus datos no sistema.

8 de xaneiro de 2016 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.