publicidade hoxe

Ethel Vázquez destaca o investimento de 800.000 euros na humanización da travesía de Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOutes
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Outes

Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Outes

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de case 800.000 euros na humanización da Travesía de Outes, unha obra que suporá unha importante mellora da seguridade viaria. A titular de Infraestruturas visitou esta mañá o Concello de Outes, onde tivo unha xuntanza co alcalde, Carlos Enrique López, para abordar o alcance desta actuación, licitada hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160107/AnuncioG0181-281215-0001_gl.html), e cun prazo de execución de 12 meses.

As obras de reurbanización na Travesía de Outes realizarase entre os puntos quilométricos 65+044 e 65+654 da AC-550 e comezaran este mesmo ano. As empresas interesadas en participar no concurso público para a súa execución teñen de prazo ata o 2 de febreiro para presentar a súas ofertas.

Esta actuación centraranse en ampliar as beirarrúas e realizar melloras en interseccións, coa fin de conseguir unha maior seguridade da circulación e comodidade para os usuarios.

Ethel Vázquez lembrou que esta travesía veu modificado o seu tráfico tras a posta en servizo, en  xaneiro de 2011, da Variante de Outes, unha infraestrutura á que a Xunta destinou máis de 25 M €. Desde ese momento, os desprazamentos teñen diminuído considerablemente, sendo o seu tráfico de carácter local, xa que se estima que a apertura da Variante reduciu o tráfico no treito paralelo da AC-550 en preto de 4.000 vehículos ao día.

As obras licitadas buscan adaptar as características desta vía á súa nova condición urbana, tanto en relación cos vehículos como cos peóns.

A responsable de Infraestruturas do Executivo galego subliñou que o principal é“reordenar a estrada pensando, sobre todo, na seguridade e comodidade dos peóns, polo que a actuación máis destacable realizarase na ponte sobre o río Tines, onde se ensancharán as beirarrúas e se embelecerá a ponte, mediante a colocación de pavimento de madeira e voladizos por ambas as marxes”.

Por outra banda, acometeranse melloras nas interseccións, con semiglorietas que permitirán dous cambios de sentido, e coa construción de carrís centrais de espera que incidirán positivamente na seguridade viaria. Ademais, se estenderá unha nova capa de rodadura, repoñendo os treitos deteriorados. Así mesmo, melloraranse os servizos urbanos, renovando as redes de abastecemento, saneamento, pluviais, alumeado e semáforos.

Vázquez engadiu que outras das obras que se executarán a mellora de varios tramos da vía ao seu paso por Outes, como a travesía de Ribeira do Freixo, ás que destinaremos 90.000 €. Estas tarefas veranse complementadas con outras intervencións de reforzo de firme en distintos treitos da AC-550 que serán licitadas a vindeira semana.

Por outra banda, na xuntanza de hoxe, a conselleira e o alcalde abordaron tamén a reparación do muro derrubado esta mesma semana noutro tramo desta mesma estrada, polo que acordaron acometer a reparación urxente da zona afectada e analizar unha actuación máis ampla a medio prazo no conxunto do muro.

7 de xaneiro de 2016 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.