publicidade hoxe

Duelo de rivais directos en Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá ao DLink Zaragoza na 20ª xornada de Primeira LNFS (20.30 horas), apoiándose na fortaleza do mausoleo laranxa para encauzarse no camiño da vitoria. Vista Alegre reunirá a dous rivais directos e de rachas negativas; os burelistas, undécimos con 21 puntos, encadean 4 derrotas e os maños, duodécimos con 20, tan só puideron sumar 1 punto nos últimos 5 partidos. O encontro poderá seguirse en directo a través de lnfsdirecto.com.

“Estamos mentalizados para romper esta racha negativa e máis na casa; unha vitoria antes do parón sería moi importante para nós. Estamos xogando ben, pero coa perda de concentración en determinados momentos concedemos demasiado aos rivais, que aproveitan esas oportunidades. Nos últimos catro partidos encaixáronnos algún gol por falta de concentración individual e iso non pode repetirse máis” explicaba Daniel Ibañes, incidindo na solidez e na regularidade para volver aos tres puntos: “Debemos ser o mesmo equipo durante os corenta minutos; debemos estar no partido en todo momento” advertía o técnico mariñán, en vésperas da cita fronte a un rival que avantaxa aos laranxas sobre todo en amplitude de plantilla e coa súa experiencia e pegada pode facer moito dano en Vista Alegre.

Á ausencia de Matamoros, súmase Iago Míguez, que deberá estar afastado das pistas as próximas semana por unha escordarua de nocello de grao 2 sufrida o venres en Elche. Entrarán na convocatoria Rubén e Aitor, do Burela FS B.

Na primeira volta, os tres puntos foron para o DLink, 6-2.

Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 28. Rubén, 29. Aitor, 30.Hélder

19 de xaneiro de 2016 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.