publicidade hoxe

Dúas das catro gañadoras dos vales de compra de “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” realizan as súas compras nos establecementos adheridos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Persoal da organización da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, acompañou esta mañá a Noelia Bogo, veciña de Narón e gañadora dun vale de compra por importe de 300 euros con cargo a esta iniciativa impulsada desde o Concello. A naronesa percorreu varios establecementos da localidade desde primeira hora da mañá, adquirindo diferentes produtos en establecementos adheridos a esta iniciativa, tal e como se estipulaba nas bases. Noelia Bogo estivo durante un par de horas visitando algúns comercios co fin de realizar as súas compras, se ben finalmente se decantou por M. Fidalgo Joyería, Noelia Soto Fotografía e El globo.

O percorrido realizarao a tamén naronesa Amalia Pardo esta tarde, a partir das cinco, hora na que comezará a gastar outro vale por importe de 300 euros sorteado con cargo á citada campaña. Na xornada de mañá faran o propio Mercedes Docurro e María del Carmen Arribas, veciñas de Ferrol e Narón, respectivamente, e gañadoras dos dous vales por importe de 500 euros, que irán tamén en dúas quendas, unha a partir das dez da mañá e outra desde as cinco da tarde.

A campaña organizouse un ano máis a través da Concellería de Promoción Económica, á fronte da que está o edil Pablo Villamar.

20 de xaneiro de 2016 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.