publicidade hoxe

Deteñen aos supostos autores dun roubo con forza nunha vivenda de Fornelos de Montes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFornelos de MontesRedondelaSoutomaiorSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo aos supostos autores dun roubo con forza nunha vivenda do municipio de Fornelos de Montes perpetrado o pasado día 15 do mes actual. Tras a denuncia presentada no Posto da Garda Civil de Fornelos de Montes polo seu propietario manifestando que autor ou autores descoñecidos, despois de romper o cristal dunha xanela, accederon ao seu interior subtraendo diversos efectos como un televisor, unha minicadena de música e louza, así como uns ferros que había na leira anexa á vivenda, compoñentes do referido Posto da Garda Civil iniciaron as correspondentes investigacións tendentes ao esclarecemento deste feito delituoso.

Así, no día de onte, procedeuse á detención de J.R.G., de 34 anos de idade e veciño de Soutomaior e de RJ.M.G., de 41 e con domicilio en Redondela, como supostos autores do roubo denunciado.

Os detidos, que contan con amplos antecedentes policiais, terán que presentarse no Xulgado de Instrución número UN de Rendondela, onde foron entregadas as dilixencias instruídas, cando para iso sexan requiridos.

19 de xaneiro de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.