publicidade hoxe

Deteñen a tres individuos en Moraña cando pretendían realizar unha operación de compra venda de droga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMorañaSucesos
A-
A+
Marihuana requisada

Marihuana requisada

Dentro do marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación da venda e consumo de sustancias estupefacientes na provincia, a Garda Civil detivo a tres xóvenes que foron sorprendidos en Moraña cando pretendían realizar unha operación de compra venda de cogollos de cannabis.

No operativo policial levado a cabo por efectivos do Posto da Garda Civil de Cambados, no que se interceptou a transacción dun quilogramo de cogollos de cannabis, foron detidos os dous vendedores: JM.M.M.,  e A.V.B., veciños de Meis e Portas, respectivamente e o comprador: I.F.L., veciño da mesma localidade de Moraña, aos que se lles imputa a comisión dun suposto delito contra a saúde pública.

Os tres individuos, que en principio se deron á fuga ao verse descubertos, foron localizados e detidos momentos despois en Cuntis cando pretendían ocultar a droga no interior dunha vivenda onde se incautou unha bolsa cun quilogramo de marihuana.

Ao día seguinte levou a cabo un rexistro na vivenda dun dos detidos, localizándose unha plantación interior con 23 plantas de cannabis que tamén foron aprehendidas.

Os detidos e a droga intervida foron postos a disposición do Xulgado de Instrución núm. 3 de Cambados, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

28 de xaneiro de 2016 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.