publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís comproba o remate da caldeira de biomasa do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+
Cores Tourís na visita ao CPI Julia Becerra Malvar en Ribadumia

Cores Tourís na visita ao CPI Julia Becerra Malvar en Ribadumia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia para comprobar o remate dos traballos de substitución da anterior caldeira de gasóleo por unha nova de biomasa.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde do municipio, David José Castro, así como polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, a deputada provincial, Salomé Peña, e os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial.

A obra supuxo a substitución de parte do sistema de xeración do calor actual, que utiliza como combustible gasóleo, por caldeiras que utilizan como combustible a biomasa. “Estes traballos tiveron un orzamento de máis de 140.000 euros e foron catalogadas coma prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación no pasado ano”, matizou o responsable da Xunta en Pontevedra.

A nova caldeira rematouse xusto antes das vacacións de Nadal e púxose hoxe en marcha por primeira vez. “Estamos a falar dun sistema pioneiro, xa que é a segunda caldeira destas características coas que conta un centro despois do IES de Poio”, explicou Cores Tourís.

Pola súa banda os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Pontevedra destacaron que para a execución da nova caldeira aproveitouse a instalación existente de gasóleo “que tiña pouco rendemento pero que quedará utilizable por se se producira calquera problema co novo servizo. Ademais, tamén se renovou de xeito total o sistema hidráulico da calefacción e se revisaron e limparon tódolos radiadores”. Segundo apuntaron os técnicos, a nova instalación conta con tres caldeiras pequenas en lugar dunha grande, de xeito que se pode regular o seu uso. “Estamos a falar dunha instalación eficiencia que permite reducir o número de emisións de CO2 cumprindo así coas normativas europeas actuais”.

O alcalde da localidade tamén quixo agradecer á Xunta de Galicia a súa aposta pola posta en marcha deste sistema pioneiro no centro, “xa que deste xeito temos unha caldeira de futuro”.

Solicitude de colaboración á Deputación de Pontevedra

O delegado territorial recordou que a obra que hoxe comprobaron forma parte dun conxunto de melloras nos centros educativos que veñen a demostrar que a Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo para o próximo curso na mellora dos colexios e institutos da provincia de Pontevedra. “En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e case 700.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns douscentos mil euros nos centros educativos da provincia”, sinalou Cores Tourís.

Froito de este acordo entre as 3 administracións, acordouse un investimento de 400.000 euros no centro educativo de Ribadumia. Así, o municipio aprobou aportar 209.000 euros para diferentes melloras neste centro educativo mentres a Xunta destinaría 140.000 para a substitución da caldeira e outros 60.000 para a reforma eléctrica do colexio.

Ademais a Consellería de Educacion tamén levou a cabo nos últimos meses o peche parcial da parcela, a reparación dos petos da cuberta do módulo infantil, a reposición da pintura das fachadas, a modificación de espazos en aulas e no comedor, así como varias melloras no ximnasio do centro.

Neste senso, o delegado territorial insistiu na necesidade de que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “recapacite e que a nova corporación provincial se implique tanto como a do anterior presidente, Rafael Louzán, para manter os centros educativos da provincia. De feito, creemos que hai que facerlle entender que todo o que se invista en educación é importante. É mellor facer un investimento menor en estradas ou destinar un porcentaxe mínimo das inversións infinitas que dí o señor Caballero que se van a facer en Vigo e con eses cartos axudar a mellorar os nosos centros educativos”, rematou Cores Tourís, quen deixou claro que numerosos alcaldes, “incluso de distinto signo político están a trasladarnos a súa vontade de por en marcha convenios de colaboración para traballar na mellora dos colexios da provincia”.

7 de xaneiro de 2016 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.