publicidade hoxe

Cores Tourís achega aos comerciantes do Grove os cinco programas activados para reforzar o comercio de proximidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Cores Tourís na reunión coa asociación Emgrobes

Cores Tourís na reunión coa asociación Emgrobes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a asociación Emgrobes de O Grove, co obxectivo de analizar e informar das principais liñas de actuación da Consellería de Economía, Emrpegoe Industria para este ano. En total, atópanse abertos cinco programas para seguir a reforzar o comercio de proximidade cifrados en máis de 5,6 millóns de euros.

Cores Tourís informou destas axudas precisamente na asociación Emgrobes, tendo en conta que en breve asumirá a presidencia do Consorcio de Comerciantes do Salnés. Na visita estivo acompañado do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así como do presidente da asociación de O Grove, José Beseada, e representantes doutras asociacións da comarca que forman parte do Consorcio.

As axudas activadas abranguen eidos tan amplos como a mellora de imaxe e modernizacións dos establecementos, a dinamización dos CCAs e prazas de abastos, a revitalización do comercio e a incentivación do consumo, o fomento do relevo comercial e a formación o fomento de emprego e a formación.

Así, destínanse 3 millóns de euros á mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, ademais de outros 2 millóns para ás asociacións de comerciantes de cara á dinamización dos CCAs e prazas de abastos. Para fomentar o relevo comercial destinaranse 90.000 euros e para as bolsas de formación cóntase con 43.200 euros.

“A quinta das liñas publicadas ten como finalidade activar programas de apoio por 500.000 euros para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial”, explicou o delegado territorial, que a vez tamén resaltou a importancia do comercio na recuperación económica, “razón pola que tamén se acaban de activar apoios para fomentar o relevo comercial e para a concesión de bolsas de formación”.

“En definitiva, os programas activados continuando a senda emprendida veñen a reforzar o comercio de proximidade galego, con axudas centradas no impulso do asociacionismo, a modernización e no establecemento do smart commerce e o comercio en liña”, engadiu Cores Tourís, quen aproveitou para convidar aos comerciantes de O Grove a empregar as diferentes ferramentas ao seu dispor para continuar creando riqueza e emprego e, deste xeito, seguir a impulsar a dinamización económica deste municipio.

Así, destacou as outras vías de cooperación abertas co empresariado centradas en eidos como o fomento do emprego, o emprendemento, con especial atención ao rural, os investimentos, a eficiencia enerxética, a innovación ou a internacionalización.

Neste mesmo senso de colaboración co pequeno e mediano comercio, José Manuel Cores Tourís recordou que dende 2013, as axudas aportadas a distintas federacións e asociacións de comerciantes roldaron os 2,5 millóns de euros. Deste xeito, víronse benficiados o Consorcio do Comercio de O Salnés, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, a Federación de Empresarios do Baixo Miño, a Asociación de Xoiería da provincia, a Federación provincial de Comercio, a Federación de prazas de Abastos, a Asociación de empresarios e Comerciantes do Val Miñor, a Federación de Vigo e Mercacevi. En total, a provincia de Pontevedra conta con 41 asociacións de comerciantes e 8 federacións.

29 de xaneiro de 2016 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.