publicidade hoxe

Convócanse tres permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Celeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+

A Consellería do Mar convoca 3 permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Celeiro, en Viveiro. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. As solicitudes deberán presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Outros permisos convocados

A maiores, este mes a Consellería do Mar convocou outros 3 permisos de explotación de marisqueo a pé na confraría do Vicedo. O prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria é de 15 días hábiles, contados dende o 13 de xaneiro, día seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Tamén convocou 1 permiso de explotación para a extracción de percebe a pé na confraría de San Cibrao. Para esta praza o período de solicitudes é de 15 días hábiles, contados dende o 9 de xaneiro, día seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

25 de xaneiro de 2016 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.