publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buscan a unha octoxenaria que desapareceu no Barco de Valdeorras

Europa Press

Un operativo busca dende a tarde deste martes a unha muller duns 80 anos veciña do Barco de Valdeorras (Ourense), segundo informaron  fontes de Protección Civil da localidade.

Xunto a eles, tras o aviso dado por un familiar sobre as 16,30 horas, participan na busca efectivos dos GES do Barco, axentes da Garda Civil e tamén a Policía Local.

A zona na que desapareceu a muller é unha área de viñedos na que hai unha urbanización, onde o dispositivo trata de dar con ela peiteando as distintas rúas.

12 de xaneiro de 2016 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.