publicidade hoxe

Arranca o Entroido de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Esta mesma semana comenza o Entroido de Touro, unha das festas con máis tradición no Concello e na Comarca da Ulla. O próximo domingo, día 31, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Será a partir das 16.00 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ sobre a situación política en España e no resto do mundo entre xenerais e tamén a ‘parranda’ contará ás súas coplas. Ao remate haberá concurso de disfraces.

Xa o venres día 5 de febreiro Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 12.30 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz.

O remate do entroido en Touro chegará o martes de carnaval, día 9 de febreiro na parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa. Contará co  discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao.

25 de xaneiro de 2016 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.