publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arquívanse as actuacións contra o alcalde de Camariñas pola apertura do tanatorio municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

A Audiencia Provincial da Coruña decidiu o sobresemento da causa aberta contra o alcalde de Camariñas o socialista Manuel Valeriano Alonso de León, pola apertura do tanatorio municipal “a falta dunha mera visita das instalacións” por parte da Consellería de Sanidade, da fixación dos prezos e da aprobación do seu regulamento.

Nun auto, con data de 15 de xaneiro, a Audiencia Provincial subliña que “o estado das actuacións e as dilixencias de investigación practicadas non permiten a continuación do procedemento” e, así, se suma á Fiscalía ao pedir o seu sobreseimento.

“Infírese que o Concello de Camariñas seguiu todos e cada un dos trámites administrativos necesarios para a posta en marcha ou funcionamento do tanatorio”, agrega a Audiencia, para concluír que aínda que estas instalacións se utilizaron antes de tempo en dúas ocasións, non existen “indicios” de que o alcalde soubese que non podía facelo.

Ademais, sostén que, con esa decisión, “nin se lesionaba de xeito perceptible o funcionamento da Administración de Xustiza nin se actuaba en prexuízo dos administrados”. Polo tanto, ao seu entender, “a única solución xuridicamente aceptable é o sobresemento”.

RESPOSTA AO SEU RECURSO

Este pronunciamento do alto tribunal coruñés prodúcese a instancias dun recurso do alcalde contra a decisión do xulgado de primeira instancia e instrución número un de Corcubión (A Coruña) de decretar a apertura de xuízo oral. De producirse, suporía a súa saída do PSOE en cumprimento do código ético desta formación.

Estaba imputado por un suposto delito de prevaricación administrativa por “permitir o uso dunha instalación de tanatorio cando estaba expresamente prohibido o seu uso”, dado que aínda non contaba con todos os permisos.

28 de xaneiro de 2016 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.