publicidade hoxe

Apróbanse as bases do concurso de disfraces do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello ven de aprobar as bases do concurso de disfraces que se celebrará o martes, 9 de febreiro polas rúas do Grove. Trátase dunhas bases que manteñen o realizado en anos anteriores inda que inclúe unha revisión das normas de seguridade grazas ao asesoramento e experiencia da Policía Local, tentando que a festa se desenvolva con tranquilidade e tódolos participantes, disfraces e público poidan gozar da mesma.

Como novidade este ano o percorrido contará con animación musical e prestarase especial atención a organización dos participantes para evitar que as carrozas poidan dificultar o desfile dos grupos e individuais que participan no desfile e viceversa. Ademais diso estanse ultimando melloras no circuíto do “sambódromo” meco que atenden a buscar a mellor lucidez posible do disfraces que participan no desfile.

Lémbrase que tódolos interesados en participar nesta Gran Marcha do Entroido do Grove que poderán inscribirse o mesmo día da celebración do desfile. Tamén se anima aos veciños e veciñas do Grove e os visitantes que queiran desfrutar do entroido meco que poden estar ao tanto de tódalas novidades a través do facebook “Entroido O Grove”. 

26 de xaneiro de 2016 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.