publicidade hoxe

A Xunta inviste 240.000 euros no reforzo de firme e mellora de beiravías na travesía de Taboadela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTaboadela
A-
A+

A Xunta inviste 240.000 euros no reforzo de firme e mellora de beiravías na travesía de Taboadela co fin de incrementar a seguridade viaria. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde deste municipio ourensán, Manuel Gallego, supervisou hoxe as obras de acondicionamento executadas na estrada OU-320, ao seu paso por esta vila.

O treito obxecto deste proxecto é o comprendido entre os PK 17+500 e 19+700 da estrada OU-320 que se corresponde cos núcleos urbáns de Taboadela e Espiñeiro, ambos do Concello de Taboadela.

Vázquez explicou que os traballos realizados centráronse na renovación do firme da calzada e mellora das beiravías que dará maior seguridade aos vehículos que circulen por ela.

O Goberno galego cederá este treito de estrada, duns 2 quilómetros, a prol do Concello, que pasa a encargarse do seu mantemento. Isto implicará tamén beneficios para os veciños ao simplificar xestións tan cotiás como autorizacións, peches ou entradas ás parcelas colindantes.

A conselleira explicou que este tipo de obras son unha aposta definitiva por este Concello que é sintomática do compromiso co rural e co interior de Galicia que aportará calidade de vida e competitividade ao territorio.

19 de xaneiro de 2016 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.