publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía portuguesa localiza á menor desaparecida en decembro en Xinzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press

A Policía portuguesa localizou en Oporto a Nicole F., a adolescente de 15 anos que desapareceu da localidade ourensá de Xinzo de Limia o pasado 18 de decembro. Segundo fontes da Garda Civil, a menor atópase en “perfecto estado” e será a súa familia a que irá buscala ao país veciño.

Ao longo do mes transcorrido desde a súa desaparición, os seus familiares mantiveron unha campaña de procura a través das redes sociais. A súa tía, Cristina Villamarín, confirmou este martes que a menor “xa esta localizada e está ben” e agradeceu os apoios recibidos ao longo do que cualificou como “un mes horrible con final feliz”.

As últimas informacións sobre a desaparición da adolescente sinalaban que a menor podería estar en Portugal, xa que un taxista dicía que a levou o día da súa desaparición ao país veciño en compañía de dous mozos maiores que ela.

En concreto, o taxista dixo deixalos no pobo portugués de Segirei, próximo a Vilardevós (Ourense), onde os tres xóvenes se subiron a un vehículo vermello.

19 de xaneiro de 2016 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.