publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Mesa Local de Comercio decide celebrar a Feira de Oportunidades de Coempo na fin de semana do 13 e 14 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, a responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, Rosa Rivas Lois e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas, Jesús Peleteiro celebraron a reunión da Mesa Local de Comercio na que se decidiu fixar a fin de semana do 13 e 14 de febreiro de 2016como data final para celebrar unha nova edición da Feira de Oportunidades que organiza COEMPO.

Os comerciantes trasladaron ao alcalde a idoneidade desta data para a celebración da Feira de Oportunidades ao considerar que encaixa perfectamente no calendario feiral e do comercio dos municipios dos arredores, co fin de conseguir que Ponte Caldelas se convirta, nesa fin de semana, nun polo de atracción para que os consumidores poidan facer as compras de fin de tempada, visiten o municipio e acudan tamén aos distintos establecementos gastronómicos existentes na zona.

Por outra banda, os comerciantes aproveitaron a reunión para valorar co alcalde Andrés Díaz os resultados da campaña de Nadal así como distintas iniciativas de dinamización do comercio local que irán sendo analizadas e postas en marcha ao longo do presente ano que agora comeza. 

A Mesa Local de Comercio tivo como novidade o estreno nestas xuntanzas do actual alcalde, Andrés Díaz Sobral, e do propio presidente dos comerciantes e empresarios de Ponte Caldelas, Suso Peleteiro, quen era tamén a primeira vez que asistía a este encontro en calidade de titular de COEMPO. 

Un dos obxectivos fixados polo novo equipo de goberno é incrementar o apoio ás actividades de dinamización non só do comercio senón tamén da hostalería de Ponte Caldelas que se traduce en diversas iniciativas levada a cabo desde a toma de posesión da Corporación, durante as festas patronais e no Nadal onde se apostou por poñer en marcha accións tendentes a conseguir que Ponte Caldelas volva a ser punto de interese e atracción comercial para os veciños e veciñas non só deste municipio senón doutros limítrofes.

19 de xaneiro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.