publicidade hoxe

A Garda Civil detén aos presuntos autores de varios roubos en establecementos comerciais no sur da provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaGondomarMosNigránO PorriñoSalceda de CaselasSucesosVigo
A-
A+

A Garda Civil detivo a tres xóvenes, veciños de Vigo, como integrantes dun grupo criminal, aos que se lles imputa a presunta comisión de máis dunha decena de roubos en establecementos comerciais da zona sur da provincia de Pontevedra.

As detencións levaronse a cabo durante a madrugada do día de hoxe a raíz do dispositivo de servizo montado para a localización dos ocupantes dun vehículo (Seat-Altea) que na marxe de tempo comprendido entre as 3:00 e as 4:00 horas perpetrara dous roubos: un deles nunha cafetaría da localidade do Porriño e o outro nunha frutería de Gondomar. 

A raíz do despregamento levado a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil Baiona-Nigrán, coa estreita colaboración das Policías Locais de ambas as localidades, ás 5:45 horas da madrugada de hoxe foi interceptado o vehículo nunha rúa de Nigrán, procedéndose á detención dos tres ocupantes: F.S.R., de 28 anos, C.E.B., de 23 e JD.M.B., de 24, todos eles veciños de Vigo. 

No interior do vehículo púidose localizar un ordenador portátil, que fora subtraído na cafetaría do Porriño, un cartón de ovos e 25 paquetes de chicles que procedían da frutería de Gondomar, ademais de útiles e ferramentas utilizadas para cometer os feitos delituosos. 

En base ás investigacións que a Garda Civil do Posto Principal de Baiona-Nigrán viña realizando sobre estes tres xóvenes, que xa aparecían como sospeitosos doutros roubos cometidos na comarca, imputóuselles a comisión de ONCE roubos que se perpetraron durante o pasado mes de decembro, a maior parte deles en bares e cafetarías, nas seguintes  localidades: Nigrán (3), Baiona (2), Gondomar (2), O Porriño (2), Salceda de Caselas (1) e Mos (1). 

En todos os roubos investigados os delincuentes accedían ao interior dos establecementos forzando o bombillo das fechaduras e rebentaban os sistemas de peche das máquinas rexistradoras e recreativas para apropiarse das súas recadacións. 

Os detidos, xunto cos efectos intervidos, serán postos nas próximas horas a disposición do Xulgado de Instrución núm. 4 de Vigo.

8 de xaneiro de 2016 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.