publicidade hoxe

A Deputación da Coruña promocionará produtos da provincia no Festival de la Luz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoimorto
A-
A+
O presidente da Deputación da Coruña con Luz Casal

O presidente da Deputación da Coruña con Luz Casal

A Deputación da Coruña implicarase na promoción da vindeira edición do Festival de la Luz, unha iniciativa solidaria e cultural pomovida pola artista Luz Casal, que dende hai catro anos reúne cada verán a milleiros de persoas no concello coruñés de Boimorto, a súa localidade natal, para escoitar a música de diversos artistas de renome do panorama nacional e internacional.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que esta mañá mantivo un encontro de traballo con Luz Casal e cos responsables de ZircoZine, a empresa que se encarga da promoción e organización deste evento, gabou a inciativa polo seu “carácter solidario” (o ano pasado recadou 65.000 euros para a ONG Médicos Sin Fronteras) e pola súa capacidade de atraer, durante varios días, “a milleiros de persoas a un pequeno núcleo rural da Coruña para un gran festival de música, o que sen dúbida é un aspecto singular que supón un gran escaparate e unha boa oportunidade de promoción para a nosa provincia”.

Neste sentido, o presidente provincial expresou a súa intención de que a Deputación, que xa colaborou na edición 2015 deste evento, estea presente no vindeiro Festival da Luz, promocionando produtos das distintas comarcas da provincia nos mercadillos e actividades paralelas que se organizan eses días no recinto, co obxectivo de “dar a coñecer en toda España o moito que o mundo rural coruñés ten que aportar”.

O Festival de la Luz, durante os seus catro anos de historia, contou coa presenza de máis de 200 artistas dos máis diversos estilos e reúne cada ano a milleiros de seguidores de todas as idades. Na súa última edición, en setembro de 2015, esgotou as entradas, cuxo importe foi destinado íntegramente á ONG Médicos Sin Fronteras.

25 de xaneiro de 2016 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.