publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellorou as instalacións do porto de A Pobra coa colocación de 35 novos brazos de amarre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, mellorou as instalacións do sector profesional do porto de A Pobra do Caramiñal coa instalación de 35 novos brazos de amarre que supuxeron un investimento de 35.000 euros.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, que visitou este mediodía o porto, destacou que “a colocación dos 35 novos brazos de amarre suporá unha mellora no acceso ás embarcacións dos profesionais, facilitando ademais os labores de carga e descarga”.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, levou a cabo esta actuación segundo a petición realizada pola confraría de pescadores hai uns meses. Os 35 brazos de amarre teñen unha lonxitude de 5 metros e foron colocados na zona pesqueira do porto nas instalacións nas que atraca a frota profesional, na Pobra do Caramiñal.

Esta actuación supuxo un investimento de preto de 35.000 euros, que hai que engadir aos case 5.000 euros en labores de mellora e mantemento das instalacións portuarias. Estes foron realizados nos pantaláns hai unhas semanas e consistiron na reparación e substitución de táboas danadas das cubertas e pasarelas dos dous pantaláns existentes.

14 de xaneiro de 2016 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.