publicidade hoxe

A Axencia de Colocación de Mos acollerá o mércores 27 de xaneiro unha xornada informativa sobre as novas liñas de axudas e apoios ás PEMES galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Aconsellería de Economía, Emprego e Industria organiza, o vindeiro mércores 27 de xaneiro ás 19:00 horas, na Axencia de Colocación de Mos,  unha xornada informativa para dar a coñecer as novas liñas de axudas e apoios ás PEMES galegas, para facilitar os investimentos empresariais e do emprendemento, a mellora da competitividade, a internacionalización, a incorporación da innovación ou a eficiencia enerxética.

Trátase dunha iniciativa de Networking na que participarán Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Curro López, subdirector de Información do IGAPE,  Elena Polo Prieto, técnico da Axencia Galega de Innovación, así como José Mañas, presidente de AEMOS e outros empresarios de Mos.

O acto concederá especial atención á financiación das pequenas e medianas empresas mediante o programa de préstamos Igape-Jeremie,  que está tendo unha importante acollida no tecido empresarial galego, xa que ofrece unhas condicións especialmente favorables para garantir que o custe da financiación non sexa impedimento para impulsar inversións en Galicia. A consellería de Economía, Emprego e Industria apoia inversións a partir de 70.000 euros mediante préstamos directos que poden ir dende os 49.000 euros ata 1,8 millones de euros. 

A  inauguración desta xornada será a cargo da alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e emprego, Óscar Soto, e o presidente de AEMOS, José Mañas, ás 19:00 horas. 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, o delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, e a rexedora local Nidia Arévalo, clausurarán dito evento cunha sesión de Networking na que esclarecerán as dúbidas ou preguntas dos asistentes.

25 de xaneiro de 2016 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.