publicidade hoxe

A aula Cemit de Celanova conta con 825 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

Facendo balance do que foi o ano 2015 para a aula CeMIT do Concello de Celanova (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) integrada na Rede CeMIT de Galicia, danos como resultado que pechamos o ano 2015 con un total de 112 novos usuarios na Aula CeMIT de Celanova,  que sumados aos que xa había, fan un total de 825. Analizando estes datos obtemos un 42 % homes e pola contra un 58% demulleres con unha media de idade de 43 anos, e con uns porcentaxes de coñecementos do 32% sen coñecementos, un 30% con coñecementos moi básicos e xa nun 35% con coñecementos a nivel usuario e nun só 3% usuarios con coñecementos avanzados.

Neste ano impartimos 64 actividades formativas, entre cursos, charlas, seminarios e videoconferencias as que suman un total de 913 horas formativas de diversa temática e niveis  dende “Iniciación á informática” ata “Desenvolvemento de páxinas web con WordPress e Blogger”, pasando por “Cursos de informática para a mocidade”, “Enrredos na Rede” para os máis cativos, “Ofimática en Software Libre”, “Edicción de imaxes e video”, “Seguridade TIC”, “Contabilidade para pequenas e medianas empresas”, “Aprender a xestionar correctamento os Smartphones”, “Redes Sociais” e a “Comunicación en tempo real”. Asistimos, a través de videconferencia, ao Seminarios como “Marketing de atracción. Deixade que os turistas se acheguen a min”,  “Potencia a web do teu establecemento turístico”, “ Desenvolvemento de aplicacións con Angular.js”, “A terceira plataforma tecnolóxica; cloud, mobilidade…” que tiña lugar no CDTIC de Santiago entre outras. Tamén ofrecemos oportunidades para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) mediante probas presenciales combocadas por AMTEGA.

Ao longo de todo o ano, intentamos resolver todas as dúbidas que nos foron solicitadas durante o horario de aula aberta, ese tempo no que a aula está á disposición dos usuarios para estudar, traballar, pasar un intre de lecer ou resolver dúbidas tecnolóxicas que poidan xurdir.

A aula CeMIT conta con Facebook, Twitter e Blog, ademais da páxinas web oficial da REDE CEMIT, dende os que se fan a publicidade das distintas actividades o longo do ano. Para estar o día so tes que seguila nas Redes Sociais, ou proporcionarlle un e-mail a través do cál faran chegar as novas sobre as actividades a realizar na aula.

20 de xaneiro de 2016 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.