publicidade hoxe

Xadrecistas das Mariñas enfrontaranse este sábado en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Este sábado, 19 de decembro, a Biblioteca Municipal de Carral acollerá o “XV Torneo de Xadrez de Nadal”, organizado polo departamento de deportes de Carral. Na edición pasada foron 42 os inscritos de toda a comarca; Carral, A Coruña,  Cambre,  Arteixo, Ordes, etc., e neste terceiro lustro, o Concello espera chegar aos 50 participantes.         

O torneo constará de 7 roldas, en partidas rápidas de 10 min.+2 segundos de cadencia por xogador, divididos en 4 categorías (sub-10, sub-12, sub-14 e absoluto). Comezará ás 16.30 h e finalizará ao redor das 20.00 h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.        

O obxectivo fundamental que se marca o goberno municipal coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte tan “minoritario” como é o xadrez.           

Para todos aqueles interesados en participar, o prazo de inscrición terminará o próximo 18 de decembro, e poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou no teléfono 981 672 580 ou no e-mail deportes@carral.es.

16 de decembro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.