Unha veintena de familias de Palas de Rei son beneficiados da campaña solidaria “Operación Quilo”
O Concello de Palas de Rei, en colaboración coa Igrexa Parroquial do municipio fixeron, o reparto de alimentos as persoas máis necesitadas dentro da campaña de recollida de alimentos, denominada “Operación Quilo”.
Esta campaña, está dirixida as persoas con risco de exclusión social, familias desfavorecidas, con excasos recursos económicos. No reparto, que tuvo lugar, o mércores 23 de decembro, nas instalacións do Mercado Gandeiro de Palas, unha veintena da familias recibiron os correspondentes alimentos e productos non perecedeiros de diversa índole (leite, conservas, pasta, galletas, turrón,….). Elo, foi posible grazas a colaboración desinteresada de centos de veciños/as de Palas de Rei que doaron alimentos para a causa.
Tamén o Concello de Monterroso colaborou con servicios sociais de Palas de Rei na doación de diversos xogetes (que quedaron en excedente dunha campaña solidaria desenvolta en Monterroso) aos nenos/as de familias con escasos recursos económicos para que poidan desfrutar deles durante este nadal.
Dende Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei queren agradecer a colaboración desinteresada dos habitantes de Palas de Rei e do Concello de Monterroso, así como das Igrexas participantes nesta campaña solidaria “Operación Quilo”. ¡A todos Gracias!