publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un veciño de Sarria morre ao caerlle encima un remolque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSarriaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un veciño da localidade de Sarria (Lugo) morreu na noite do xoves tras caerlle encima un remolque cando estaba a traballar nunha leira da súa propiedade. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon pasadas as 23,00 horas cando o home estaba a traballar nunha leira súa no lugar de Lence cun remolque solto ao que se lle baixou o hidráulico e caeulle encima.

A vítima quedou baixo o remolque pero o home estaba liberado e accesible. Foron mobilizados os bombeiros do parque comarcal, que, xunto cos técnicos sanitarios, confirmaron que a persoa estaba falecida.

En concreto, segundo indicaron fontes sanitarias, ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial e un médico que confirmou o falecemento in situ do home, M.B.B., de 59 anos.

4 de decembro de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.