publicidade hoxe

Un total de 53 persoas participaron no 4º encontro de familias organizado polos CIM da Laracha e de Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaArteixo
A-
A+

O cuarto encontro de familias organizado polos Centros de Información ás Mulleres (CIM) dos Concellos da Laracha e de Arteixo foi un rotundo éxito participativo.

Por medio desta iniciativa, cincuenta e tres persoas (mulleres e os seus fillos) de ambos municipios realizaron unha excursión a Ponteceso para visitar o Museo do Xoguete (Melga). O programa tamén incluíu a realización de xogos e deportes tradicionais nas inmediacións da citada instalación cultural.

Tamén participaron no evento o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de muller, Patricia Bello, e as directoras dos dous CIMs.

A iniciativa organizouse no marco do programa municipal de actividades en torno ao 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

17 de decembro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.