Un operario resulta ferido grave mentres descargaba un camión en San Cristovo de Cea
Un operario resultou ferido grave este xoves no concello ourensano de San Cristovo de Cea mentres descargaba un camión para a empresa na que traballa, situada na rúa Calvo Sotelo. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 9.20 horas, mentres o operario se atopaba descargando o camión.
Debido ás “importantes lesións” sufridas polo home, foi mobilizado o helicóptero sanitario do 061 con base en Ourense, que trasladou ao traballador ao Hospital Cristal Piñor.
ACCIDENTE DE CAMIÓN
Por outra banda, o condutor dun camión resultou ferido de carácter leve nun accidente de tráfico rexistrado sobre as 10.00 horas deste xoves na estrada N-VIN ao seu paso por Guitiriz (Lugo).
O camión, que transportaba uns 4.000 litros de gasóleo, quedou envorcado tras o accidente, aínda que o condutor unicamente sufriu feridas leves e a carga non se viu afectada.
Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil, GES e Protección Civil, así como un equipo sanitario, aínda que finalmente non foi necesario trasladar o ferido a un centro hospitalario.