publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home provoca un accidente en Betanzos ao circular en sentido contrario pola A-6 e cuadriplicar a taxa de alcohol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dun turismo que circulaba en sentido contrario pola autovía a-6 colisionar lateralmente cunha furgoneta que ía correctamente en sentido Lugo e, tras as correspondentes probas, botou unha taxa de alcohol que cuadriplicaba os límites máximos permitidos.

A Garda Civil de Tráfico informa de que aconteceu “onte, arredor das seis da mañá”, á altura de Betanzos. Aínda que non houbo que lamentar danos persoais, advirte, “as consecuencias deste accidente puideron ser tráxicas”.

Tras comparecer o equipo de atestados da Garda Civil e realizar as correspondentes probas de alcoholemia a ambos os dous condutores, o varón que conducía o turismo en sentido contrario botou unha taxa de alcohol que cuadriplicaba os límites máximos permitidos (0,25 mgs/l).

Segundo as primeiras indagacións dos axentes de tráfico, a Benemérita informa de que “é moi probable que o condutor do turismo accedese á vía rápida á altura de Betanzos, na dirección correcta, pero por algún motivo cando levaba uns trescentos metros recorrido decidiu cambiar de sentido na propia calzada e circular no sentido contrario da vía”.

Instruíronselle dilixencias como suposto autor de senllos delitos contra a seguridade vial, un por superar as taxas máximas de alcohol establecidas e outro por condución temeraria.

Agora o home enfróntase ás posibles penas de tres a seis meses de prisión ou multa de seis a doce meses, así como á privación do dereito de conducir vehículos a motor por un período de entre un a catro anos.

24 de decembro de 2015 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.