publicidade hoxe

Un brigadista resulta intoxicado cando participaba na extinción do incendio de Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañónSucesos
A-
A+
Europa Press

Un brigadista que participaba na extinción do incendio forestal de Mañón (A Coruña) resultou intoxicado de carácter leve por inhalación de fume. Así o confirmou a Consellería do Medio Rural, que precisou que o home, membro da brigada de Rois, foi atendido polos servizos médicos, aínda que o seu estado non reviste gravidade.

O lume que afecta a parroquia de Ribeiras de Sor, en Mañón, dende as 23.30 horas do mércores, quedou controlado pasadas as 12.30 horas deste xoves, tras queimar unhas 20 hectáreas. Nos labores de extinción participan un técnico, oito axentes, 11 brigadas e tres motobombas.

17 de decembro de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.