publicidade hoxe

Últimos días para inscribirse no Dépor Campus en Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso e o Real Club Deportivo da Coruña organizan a primeira edición do campus de fútbol “Dépor Campus”, que se desenvolverá nas instalacións deportivas do campo municipal Lino Balado entre o 28 e o 31 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos de toda a provincia, que deberán anotarse antes do vindeiro 23 de decembro. As follas de inscrición están dispoñibles na web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com).

Os rapaces traballarán con técnicos do Deportivo, de xeito que poderán vivir a mesma experiencia que viven os rapaces da canteira do clube herculino. O prezo do Dépor Campus é de 90 euros, cun desconto especial de 20 euros para os empadroados en Oroso. Esta contía inclúe unha equipación (composta por camiseta, pantalón e medias), o almorzo, o seguro de accidentes deportivos, agasallos, o diploma e a asistencia a un partido do Deportivo no estadio de Riazor. Ademais, os participantes contarán coa visita dalgún dos xogadores da primeira plantilla do Dépor.

Os obxectivos do campus son formar xogadores independentes, ensinar as habilidades e conceptos específicos do xogo individual, fomentar a adquisición de hábitos alimenticios saudables e transmitir os valores que representa o Dépor: respecto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade. As inscricións poden realizarse a través de deporcampus@canaldeportivo.com. Máis información no 981 259 500 ou na sede do Real Club Deportivo (Praza de Pontevedra, 19 1º 15003 · A Coruña).

18 de decembro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.